lunes, 10 de junio de 2013

Rosalía Pequeniña - Feria do Libro de Ourense 2013

Vídeo de Uxía  cantando a “Rosalía Pequeniña” en la Feria del libro de Ourense 2013
 
AXENDA AS DATAS CONFIRMADAS DE ROSALÍA PEQUENIÑA dentro do programa de DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
FalaRedes
Entrada libre. 

 
XUÑO
Xoves, 13 ás 18h00 MOS (MULTIUSOS) Festa da Rosa (festivo en Mos)
Xoves 20 ás 19.00h PONTECESO BIBLIOTECA MUNICIPAL
Domingo 23 ás 19.00h XUNQUEIRA DE ESPADANEDO
(SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO NOS CLAUSTROS DO MOSTEIRO)
Domingo 30 ás 17h30 MELÓN (CENTRO CULTURAL DE MELÓN)

XULLO
Xoves, 4 ás 12.00 SOBRADO DOS MONXES
(EDIFICIO USOS MÚLTIPLES "CASA DA HERMANDAD')
Sábado 6 ás 20h30 PALAS DE REI (CASA DA CULTURA)
Domingo 7 ás 12h TEO (CENTRO SOCIO CULTURAL A RAMALLOSA)
Domingo 7 ás 20h30 VAL DO DUDRA (AUDITORIO DE BEMBIBRE)
Venres 19 ás 19h30 MIÑO (AUDITORIO MUNICIPAL DO CENTRO SOCIAL DA RÚA)

AGOSTO 

Sábado 17 ás 20h30 BETANZOS (AULA DE CULTURA)
Xoves 22 ás 20.h00 DUMBRÍA (CASA CULTURAL DE ÉZARO)

SETEMBRO  

Mércores 25 ás 19h00 NEDA
(SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA MANUEL PÉREZ)

Reseña en el portal de literatura infantil y juvenil "Brabadegos"





A primeira vez que no souto puxemos o disco Rosalía pequeniña, de Editorial Galaxia da colección Sonárbore, coa voz inconfundible de Uxía e as magníficas ilustracións de Marina Seoane, a sensación levounos ás terras de Padrón, á comarca enteira, a unha Galiza de segas e de emigración. Puidemos visualizala, rubindo ás árbores, indo coas vacas, xogando coas herbiñas no prado, bebendo a auga fría das présas que tornaba. Comprendimos de inmediato a súa forza e a mensaxe que neste libro-cd se nos quería transmitir. Rosalía Pequeniña é unha xoia da literatura, son os poemas da grande Rosalía de Castro, as súas letras maxistralmente acaídas, o seu sentir, a súa loita polo pobo, por defender o agro, a xente... iso que os poderes políticos ás veces non ven, iso que moitos non aprecian ao confundir folclore con arte e poesía cunha mera concatenación de palabras bonitas. O sentir, os que levan na fronte unha estrela e  no bico un cantar, é para grandes e para miúdos, para achegarse a ela docemente, para levar no coche, para cantaruxar a viva voz xunto a Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, a Señora Carmen, Sés, e un senfín de xoias que acompañan este proxecto.
Como se os luxos foran poucos, contén un prólogo da escritora Begoña Caamaño, que xa nos adianta o carácter da nena rebuldeira que quere cambiar o mundo, que xoga a ser pirata, unha nena que cando se fai adulta ten a suficiente determinación para virar o seu destino e non conformarse con ser só unha nai. Toda unha muller que forma parte da vangarda literaria do momento e que, fóra do preestablecido, publica co seu nome, a obra que abre o noso rexurdir.
Rosalía Pequeniña é un discazo, sen peloteos, sen eufemismos, un disco que reúne tradición, dez poemas preciosos convertidos no cara bonita da literatura infantil e xuvenil de hoxe que ben podería estenderse á literatura galega actual. Rosalía pequeniña, Come chove miudiño, Xan, Has de Cantar, Paseniño, A Rosalía (No bico un cantar. A probe da tola), Falares de amor, Miña Santiña, miña santasa, Alborada, Maio longo e A grasia non era moita (impresionante tema cantado por Sés) son as cancións que podes atopar neste traballo discográfico que recomendamos especialmente en Brabádegos.
Un disco que ademais podedes escoitar en persoa, en diferentes vilas de Galiza polas que Uxía anda a trotar.
Brábádegos