Mostrando entradas con la etiqueta Velaí vai o papaventos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Velaí vai o papaventos. Mostrar todas las entradas

martes, 24 de junio de 2014

Reseña al libro "Velaí vai o papaventos"


TENDENCIAS

O papaventos viaxeiro

"Remato a lectura de "Velaí vai o papaventos", de Celia Díaz Núñez e confirmo, máis unha vez, que a imaxinación e a fermosura unidas son os vimbios mellores cos que tecer as historias infanto-xuvenís, e non só."
Crítica de Armando Requeixo.

“Sabe ben desta alquimia feliz a escritora nacida no Páramo (1961), criada en Quiroga e profesora en Ourense, pois nos últimos anos deu á luz outros meritorios volumes como Adeliña (2004), Cataventos e Cía ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta (2008) e aínda Rugando (2012), traballos que alterna co ensaio literario (velaí as súas Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores, 1995).
Teño escrito noutras ocasións que os textos de Díaz Núñez cativan polo seu poder de suxestión, a beleza das emocións que son quen de verbalizar e a capacidade para inducir á reflexión sobre os máis fondos temas dende a maior das naturalidades. Estas son, tamén, as razóns que fan de Velaí vai o papaventos unha creación amable e atractiva, que convida á esperanza e ao gozo de vivir...
... Non quero rematar sen parabenizar a ilustradora do volume, Marina Seoane, tamén ela experimentada artista que deseñou para este libro uns magníficos debuxos que enchen de colorido e luz o xa de por si ilusionante texto de Díaz Núñez. A fusión de ambas propostas remata por confluír nun imantador volume, que chama por un tanto pola súa textualidade coma polas imaxes coas que se acompaña.”


Toda la reseña: http://tendencias.galiciaconfidencial.com/nova/19621.html




lunes, 19 de mayo de 2014

Velaí vai o papaventos


¡Ya me llegaron los ejemplares de mi libro “Velaí vai o papaventos”!, divertida obra de teatro para títeres o actores, escrita por Celia Díaz Núñez. El papel es fantástico, ideal para la reproducción de ilustraciones; un trabajo impecable de la imprenta Rodi Artes Gráficas. Este libro está distribuido por Consorcio Editorial Gallego.
 


Sinopsis: Berto é un papaventos que soña con voar libremente, percorrer mundo e vivir aventuras.
Coa axuda dos seus amigos consegue fuxir e inicia unha viaxe na que coñecerá seres amables e agarimosos, pero tamén outros violentos e crueis que porán en perigo a súa vida.
Experiencias felices e adversas, mais sempre enriquecedoras, que lle axudarán a coñecerse mellor a si mesmo e a valorar a importancia da amizade.


Colgantes realizados de una ilustración interior del libro, con varios de sus protagonistas.



sábado, 10 de mayo de 2014

Velaí vai o papaventos



Ya está publicado en formato libro "Velaí vai o papaventos", de la escritora Celia Díaz. Es una obra fantástica. Espero que os guste. Un placer el ilustrarla.


“Chegaron xa os exemplares do meu último libro: Velaí vai o papaventos, obra de teatro en tres actos para rapaces. Consorcio editorial encargarase de distribuíla polas librerías do país.
Grazas a Marina Seoane polas fermosas ilustracións que enchen de vida e de color as páxinas desta historia de amizade e superación.
E grazas a todos os que axudaron a que Berto, o papaventos, poida superar os atrancos, erguer o voo e iniciar a súa aventura.“
Celia



Voa, voa, Papaventos.
Voa e voa sen cesar.
Deixa que as túas colores
se despreguen polo ar.

Voa, voa, Papaventos,
o teu soño a realizar.
Corre lixeiro entre as nubes,
mil camiños por andar.

(Tamén dispoñible en formato e-book en Amazon.)