TENDENCIAS
O papaventos viaxeiro
"Remato a lectura de "Velaí vai o papaventos", de Celia Díaz Núñez e confirmo, máis unha vez, que a imaxinación e a fermosura unidas son os vimbios mellores cos que tecer as historias infanto-xuvenís, e non só."Crítica de Armando Requeixo.
“Sabe ben desta alquimia feliz a escritora nacida no Páramo (1961), criada en Quiroga e profesora en Ourense, pois nos últimos anos deu á luz outros meritorios volumes como Adeliña (2004), Cataventos e Cía ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta (2008) e aínda Rugando (2012), traballos que alterna co ensaio literario (velaí as súas Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores, 1995).
Teño escrito noutras ocasións que os textos de Díaz Núñez cativan polo seu poder de suxestión, a beleza das emocións que son quen de verbalizar e a capacidade para inducir á reflexión sobre os máis fondos temas dende a maior das naturalidades. Estas son, tamén, as razóns que fan de Velaí vai o papaventos unha creación amable e atractiva, que convida á esperanza e ao gozo de vivir...
... Non quero rematar sen parabenizar a ilustradora do volume, Marina Seoane, tamén ela experimentada artista que deseñou para este libro uns magníficos debuxos que enchen de colorido e luz o xa de por si ilusionante texto de Díaz Núñez. A fusión de ambas propostas remata por confluír nun imantador volume, que chama por un tanto pola súa textualidade coma polas imaxes coas que se acompaña.”
Toda la reseña: http://tendencias.galiciaconfidencial.com/nova/19621.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario